Noite

|

Cando me poño a escribir estas palabras é noite. Noite no sentido máis amplo. Noite porque non percibo máis que a traxedia que nos arrodea neste fin de ciclo mundial. Noite porque os berros das vítimas de Niza, Bagdad, Damascus, Ankara, Garissa, Sana’a, Peshawar..., pechan os meus ollos. Noite... Noite
Porén, a vida é un continuo que permite que a traxedia baile un pasodobre a carón da ledicia da noite rebuldeira. Da festa na ribeira. Na fraga. Na carballeira. Na praza.
Alén da cristaleira as ondas da música e o barullo das barracas atravesan a ría e , canda a maré, déitanse nos areais da Arnela e dos Fondás. Abro a cristaleira. Asómome ao balcón e escoito devagar, amodo, moi amodiño, o asubío do nordés. A noite envólveme e aloumiña o meu rosto .. E o sorriso cínico do fascismo ( aquén e alén ) olla detrás da cortina a marcha fúnebre das liberdades.
Nos meus pexegueiros só fica o verde das súas follas.

Noite