Conclusións

Supoño que a maioría da xente do común xa tiraría as súas conclusións, respecto do tema catalán. Lembro que alguén dixo que as ideas non se matan con bombas, ou metendo na cadea aos “idearios”; e non se convence en dous días aos que levan moitos anos encirrando á xente. Eu non vexo solución que non pase por un diálogo civilizado entre as partes, (se é que se poden chamar civilizadas), sempre que dese diálogo xurda unha solución definitiva, cousa difícil, porque dous non chegan a un acordo, se un non quere.  Segundo penso eu, o Estado ten que coller a iniciativa e poñer aos “separatas” na situación de aceptar ou rexeitar o diálogo e, pedirlles que expoñan as súas razóns, os seus proxectos e os medios cos que contan; e despois, esixirlles unha solución para os non separatistas. E de non chegar a un acordo, quedaría a solución salomónica: “Dividir o pequerrecho en dous e darlle a cada presunta nai, unha metade”. Mais, alguén renunciaría á súa parte?. Eu non creo. 

Conclusións

Te puede interesar