Compracencia

Co gallo da revalorización das pensións, os pensionistas estamos a recibir cartas procedentes do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, nas que se nos comunica que o aumento deste ano alcanza a importante cifra do 0,25%., feito do que, a señora Directora Xeral se comprace en informarnos. Supoño que seremos moitos os que recibimos, cun suspiro de alivio, a nova de que este ano non nos quitarán nin recortarán a pensión. E así, grazas ao ordenamento xurídico vixente, que permite ese moi estimable incremento, temos por diante un ano para seguir resistindo a incesante subida dos prezos. Pola súa parte, a señora Ministra dona Fátima anímanos a salvagardar os valores que nos fan sentir “orgullosos” do noso modelo, co obxectivo de conciliar melloras anuais garantidas e ademais agradécenos a comprensión e solidariedade que demostramos en tempos nos que, tantas persoas perderon o seu traballo. Así que, o que se queixe é por vicio. Xa que logo, todos contentos, non si?

Compracencia

Te puede interesar