De xeito cotián atopámonos con situacións anómalas, por mor dunha lexislación que semella estar feita para beneficio das Empresas. Un exemplo é, a obriga de pagar o Termo de Potencia na factura da electricidade, que coido que nos cobran pola “disponibilidade” da enerxía. Por unha banda, hai que escoller un “Termo” dos que nos ofrecen, que pode ser excesivo ou escaso, segundo as nosas necesidades, pero que non permite solucións intermedias. Por exemplo, entre 15 amperios, que é termo menor e os 20, que é o seguinte, non se pode elixir 18. Por outra banda, as necesidades de consumo varían moito de inverno a verano, mais se escollemos un termo para o inverno, teremos que pagalo todo o ano, malia que as nosas necesidades enerxéticas sexan moi inferiores. E como o citado termo é un dos sumandos máis fortes da factura, resulta que sempre pagaremos máis do que consumimos. E xa que logo, non será unha estafa, pero parece claro que é unha irregularidade. Ou non é?