A extraña “desaparición” de Beatriz Sestayo

Non poido dicir que me sorprenda a carreira política da socialista Beatriz Sestayo. Polo pemos ata o de agora, porque tendo en conta o pouco que se lle ve en comparación con outros tempos, unha vez que deu en xogar o seu papel na oposición, a sensación que teño é que está desaparecida. Pensei non obstante que precisamente por esta última circunstancia cabería ver a unha política na que se pensou máis dunha vez como a primeira muller que podería chegar a ser alcaldesa da cidade, cando non conselleira ou directora xeral na Xunta ou, quen sabe, tamén en Madrid, dada a súa veloz ascensión –insisto, hai xa moito tempo– ó pequeno olimpo socialista. Mais, penso eu, que o de estar na oposición debe esgotar..., máis do que esperaba. 

A extraña “desaparición” de Beatriz Sestayo

Te puede interesar