NECESARIO?

O mes pasado falaba eu do tren ao porto exterior, sobre a información de que, desde Bruxelas, non ía recibir subvencións, porque esa “infraestructura” non tiña valor engadido. E dicía que xa non sabía que pensar, porque non tiña noticia de que ninguén protestase por esta decisión europea. Agora sigo sen saber que pensar, despois de que neste xornal aparecese hai días, un documentado artigo feito por dous ferroláns, no que afirmaban que o mentado tren non era necesario. Como queira que as persoas autoras do escrito me merecen total creto, a miña confusión neste tema é agora maior, pois resulta que aquí tivemos un forte debate pola ruta que debería percorrer o tren, cando en realidade parece ser que o debate debería centrarse sobre se tren si, ou tren non. Tamén dicía eu que nin sequera sabía se pagaba a pena pensar.  Rectifico: sempre paga a pena pensar, aínda que un teña un mal día e aínda que só sexa por aquilo de: “pienso, luego existo”. Pois si.
 

NECESARIO?

Te puede interesar