REMANENTES

Pensen nunha familia na que varios dos seus membros pasasen fame, ou fosen mal vestidos ou os pequenos non levasen o material escolar necesario para os seus estudos. Imaxinen tamén que a súa vivenda non tivese calefacción pero si abundantes goteiras e mesmo algún muro desta se derrubase. Que pensarían se os responsables de xestionar os seus recursos económicos presumisen de ter conseguido aforrar unha importante porcentaxe dos ingresos e mesmo tivesen pedido un crédito co fin de comprar un plasma máis grande?
Realmente parece unha situación surrealista pero é case idéntica á que está a representar o noso goberno municipal. Non fai falta recordar o estado da cidade, as súas necesidades, as dos seus habitantes e asociacións. Neste contexto sae o equipo de Rey Varela a presumir dos seus remanentes de diñeiro, uns dez millóns, aforrados das actuacións que non foron capaces de xestionar. Incrible... pero certo.

 

REMANENTES

Te puede interesar