ADVERSUS TYRANNUS

Abonda tanta infamia (acción malas e desprezables) como provocan de cote as tesoiras asasinas (quen é quen de provocar a morte ou causar daño físico ou moral) do PP. Quizabes pareza excesiva pero cando as persoas quedan desprotexidas, sen subsidio, sen casa, sen traballo, con dificultades para acceder aos servizos sociais básicos non hai outra maneira de dicir as cousas sen faltar á verdade. A política do PP provoca paro, pobreza, angustia e mortes. 6 millóns de persoas no paro,ou 92.000 fogares en Galicia onde todas as persoas están no paro, ou 126.000 persoas que non reciben nada, esgotadas as minúsculas axudas; coas explotacións gandeiras afogadas, sen dique flotante, destruido o emprego industrial, cuns orzamentos feitos por quinto ano a tesoirazos… se destrúe unha sociedade sementando a desesperanza e a emigración. Iso si, os Bárcenas e Baltares, ben grazas. Tiranos que gobernan contra o pobo.

ADVERSUS TYRANNUS

Te puede interesar