DEREITO Á SANIDADE

|

Hoxe, 10 de decembro, é a data escolleita para celebrar todos os anos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Algo que na nosa sociedade debería darse por suposto pero que lamentablemente parece converterse cada vez máis nun brindis ao sol. Non nos referimos ao conxunto mundial, á nosa contorna máis inmediata parece avanzar cada vez máis na dirección contraria aos enunciados contemplados na devandita declaración. Unha estrutura que contempla a cuestión económica como valor fundamental forzosamente ten que xerar desigualdades e deixar desprotexidos a enormes sectores da poboación en cuestións básicas para o seu desenvolvemento. É a natureza deste capitalismo salvaxe e agora nós contemplámolo con absoluta crudeza. Vivimos este martes tan sinalado unha xornada de loita dos traballadores da Sanidade en defensa do seu carácter gratuito e universal…, hai que volver pelexar aquilo que criamos conseguido.

 

DEREITO Á SANIDADE