URXE UNHA BANCA PÚBLICA

|

OFMI alertou sobre a agochada morosidade da banca española, e os riscos aos que está exposta. Algo que podería afirmar da maioría da banca mundial. A situación é tan grave que non é alarmista dicir que a especulación estase comendo a economía real e o emprego. No caso español, ao anterior sumouse a burbulla inmobiliaria e o investimento no exterior tanto de fundos propios como de recursos de Alemaña e Francia, cuns xuros moi baixos desde a entrada do euro.

Neste intre os grandes bancos absorben máis do 60% dos cartos postos a disposición polo Banco Central Europeo, malia que sigan atrancando o crédito a familias e empresas. O que indica o nivel de endebedamento e a situación da gran banca española. A mesma que despois impón retrocesos nas condicións laborais e sociais. Asemade pretende facerse dona doutras entidades esenciais para as autonomías, como Novagalicia. Conta pacoa complicidade do Banco de España, porén tamén do PP e do PSOE, para alén da leria e da escenificación a nivel galego de preocupación.

As razóns deste xeito de facer son, por unha banda, garantir que as entidades sexan grandes como para que non caian. Por outro lado, reducir o nivel de autonomía das nacionalidades, xa que sempre foron consideradas por Madrid como unha cesión molesta. Non existen motivos como os da eficiencia, criterios sociais, ou de servizo ás familias e á pequena e mediana empresa. Urxe pois: unha banca pública galega.

URXE UNHA BANCA PÚBLICA