VENENO

O problema da auga na nosa comarca desatou unha morea de críticas, acusacións e peticións de responsabilidades. Despois da primeira alarma, que resultou ser bastante esaxerada, comezaron a chegar novas procedentes de persoas co suficiente coñecemento do tema, informando de que, a auga así contaminada, só podería prexudicar á xente despois dun longo período de consumo continuado, cousa pouco probable, xa que estas alteracións unicamente se producen en certa época do ano e non todos os anos; ademais, parece ser que este tipo de controis estanse a facer desde o ano 2003 e que ata o 2009 admitíanse 150 microgramos de “trialhometanos” por litro de auga. Xa que logo, quedou claro que a alarma xerada parecía máis querer buscarlle un problema ao novo goberno ferrolán que defender a saúde, pois demostrouse que a auga non tiña veneno e que o alcalde de Ferrol no estaba envenenando a ninguén. E tamén quedou claro que veneno si que hai, pero non na auga precisamente. Non é? 
 

VENENO

Te puede interesar