Isto víase vir

on creo que a ninguén lle sorprenda a escalada da covid-19 e miren, gustaríame   falar doutra cousa pero a ditosa pandemia, pretenda eu o tema que pretenda, lévame a caer  sempre neste asunto recorrente que xa me cansa máis do estipulado. E digo ¡isto víase vir! porque está claro que somos transportistas do virus levándoo dun sitio para outro contaxiando a quen se poña por diante. Cada un de nós é un potencial carrexador desta malévola proteína. E no verán levantouse a veda ¡ Ímonos á praia!
Parto da premisa de que non é doada esta xestión, intúo que é un marrón enorme para calquera goberno verse metido ata o pescozo neste pesadelo, pero dito isto haberá que recoñecer que algo non se está facendo ben sendo o país de Europa neste momento con máis contaxios e non se ve maneira de parar este desastre a curto prazo. Polo que acontece no día a día está clara a pouca predisposición para o entendemento. ¿Será tan difícil poñer de acordo a dezasete autonomías nunha  estratexia común? Polo que se ve si.
O outro día reuníronse en Madrid o presidente do goberno e a presidenta da comunidade nun escenario a modo estudio de TV para escenificar boas intencións e ao final a cousa rematou sendo iso: unha posta en escena porque á media hora xa estaban outra vez á greña. Agora que si teño competencias nisto e van e mas quitan, logo que non teño medios e a ver que pasa, pero ¿hai quen entenda todo isto? Que si somos unha España dentro de España, que non nos podemos permitir ir cara atrás. Ao final o goberno implanta unhas normas e lles falta tempo para recorrelas. Así non hai maneira.
Resulta indecente que un caso como a pandemia que pon en serio perigo a nosa saúde algúns o estean utilizando como arma arreboladiza, como desgaste para o quítate ti que me poño eu sen importar un comino as consecuencias que esta irresponsabilidade reporta. Si, irresponsables que se aferran ao poder como lapas ofrecendo unha imaxe deplorable. Se non teñen reparo en poñer diante os seus espurios intereses, se non dubidan en defender a causa económica por enriba da sanitaria poñendo en risco a saúde de todos ¿que se pode esperar?.
Non avanzamos nada, estamos estancados como cando comezou todo este desastre e non se ve no horizonte unha chispa de esperanza. Din que temos os gobernantes que merecemos, non sei, pero  si temos aos que votamos. Haberá que tomar nota e apuntar un pouco mellor, ¡eh Madrid! A ver.    

Isto víase vir

Te puede interesar