ABORRECIDO

|

De tanta hipocrisía. Palestina, Afganistán, Kuwait, Iraq, Libia, Siria… Bombardeo a bombardeo con milleiros de mortos (danos colaterais, seica). Aborrecido do ocultamento das responsabilidades dosBusch,  Blair e Aznar que alimentaron a besta que nos mata (a todos) enNova Iorque, Madrid, Londres, París, Beirut…. Da man clandestina? que arma aos asasinos ... Da voz que ordena vomitar sobre as cidades toneladas de bombas asasinas. Aborrecido  de que se procuren as solucións nos  recortes de liberdades, desigualdade, intervencionismo, imperialismo...Do noso silencio cómplice. Do noso medo que entreabre as portas ao fanatismo, ao autoritarismo, ao fascismo. Se callar, é na igualdade e na libre determinación dos pobos como valores profundamente democráticos onde habitan as solucións.  E procuro a esperanza no triste rechouchío do paporroibo neste solpor preñado de invernía.

ABORRECIDO