A FRIVOLIZACIÓN DA REALIDADE

Moito se ten estudiado o carácter ideolóxico dos textos de Estrabón cando, no seu afán de cronista acompañante, debuxaba aos salvaxes bárbaros máis bárbaros e máis salvaxes do que en verdade eran, e todo para facer máis grande ao conquistador de turno. Sorprendentemente hoxe, os estrategas das liortas político-mediáticas optan polo mesmo recurso para maior gloria e éxito de Rajoy.

Si é certo o rumor que proclama que a desviación do déficit que anunciou o PP está inflada, serviría ao tempo para permitir tomar medidas recaudatorias a costa dos cidadáns e, que no breve prazo, se poidan presentar uns resultados que sonen a eficacia e solvencia.

Mentras os exercicios de inxeñería político-financieira frivolizan a verdade que a realidade insiste en devolvernos, Alemania esixe que o Goberno faga xa os presupostos; Moodys rebaixa dous escalóns a solvencia da débeda española e oito comunidades ven como baixa a súa calificación, entre elas Galicia, e Cataluña queda ao borde dos bonos basura; Cospedal presenta o seu plan para darle xestión privada aos hospitais públicos; Montoro di que a reforma que veñen de facer non creará emprego; Feijóo segue adiante con recortes; os ministros falan do mesmo, pero en direccións diverxentes; o PP di agora que ETA é un problema político, antes polo visto non o era…

Se a verdade só ten un camiño, conviría non frivolizar con espellismos que algúns insisten en vendernos como auténticas certezas e que acaban convertindo o real en meras paradoxas. Ou viceversa.

A FRIVOLIZACIÓN DA REALIDADE

Te puede interesar