Céntimos

Un coñecido empresario para o cal a crise non existe nin existirá nunca e que non se dedica a construír vivendas, comentaba que o gran problema da grande maioría do sector financeiro e empresarial de Galicia, e do Reino, consistía en que as grandes empresas se dedicaban aos céntimos e non aos euros e baseaba o seu razoamento en que calquera gran empresa non pode perder recursos en axustar fraccións de moeda cando era máis rendible dedicar os esforzos ás grandes cantidades, pero veñen en maior número.
Pensemos nunha notificación do saldo bancario que recibimos na casa nun sobre no que se nos avisan que nos retiran un céntimo en comisións por pagar un recibo. Mellor era que non cobrasen esa taxa porque un sobre en un franqueo pagado costa máis que o aviso.

Céntimos

Te puede interesar