ÉRGUETE FERROL

Non é nada novo dicir que a crise bateu a nosa cidade de xeito cruel e manifesto máis que en ningunha outra do país. Non hai máis que pasear polas súas rúas, especialmente pola Rúa Real, e contemplar o panorama desolador de comercios pechados que serven de refuxio a gran número de esmoleiros que piden unha oportunidade ou directamente unha esmola. Arrepía contemplar esta rúa outrora tan chea de vida. Estamos en Ferrol por debaixo dos setenta mil habitantes, consecuencia do paro, da emigración, das empresas pechadas....etc
Produciuse estes días a boa nova que significa o contrato de dous buques  loxísticos para Australia que, sen dúbida, darán un respiro a esta cidade tan castigada pola crise. Este contrato, así hai que recoñecelo e dicilo, e froito da boa xestión dos directivos de Navantia, das oficinas en Australia e do bo facer dos nosos estaleiros en contratos anteriores, LPD e Destrutores AWD. Estamos a falar dun dos mellores estaleiros do mundo. Tampouco se pode esquecer a colaboración impagable da Armada Española que destacou o BAC Cantabria durante un ano nas antípodas. Os buques a construír son unha réplica, coas modificación lóxicas, deste buque de apoio de combate (BAC). Parabéns polo tanto tanto a Armada e a Navantia. Esperemos que este respiro xunto co futuro contrato das fragatas F-110 sirvan para o despegue definitivo da cidade recuperando a alegría dos ferroláns que boa falta nos fai. Parabéns asemade as empresas auxiliares que souberon sobrevivir á crise a costa de moitos sacrificios e moi especialmente a meu bo amigo Juan Carlos, director xerente e alma mater de Gauzón Ibérica e a tódolos seus empregados.
E como non,tamén para o Racing a piques de ascender a segunda división o que redundará asemade no progreso de Ferrol. Os ferroláns son xente traballadora, leda e festeira. Recuperemos de novo a ledicia de vivir e con ela as vellas e queridas cancións: ...bajan las nieblas al valle y en melancólico son entonando un vals alegre entraremos en Ferrol... ¡¡Longa vida a Ferrol, a Armada Española, aos estaleiros e ao Racing!!

ÉRGUETE FERROL

Te puede interesar