Luther King

A tremenda crise que afecta sobre todo aos paises do sur de Europa, entre os que nos encontramos, leva a poboación a pensar que todos os problemas sociais do noso país se arreglarían coa creación de postos de traballo para os parados. Non importa a calidade nin as condicións. Non é hora de pararse en detalles. Tampouco habería de que preocuparse porque os rapaces novos con certa preparacion teñan que emigrar a Alemania ou a outros paises, xa que en España encontran todas as portas pechadas. E ollado así o que pasa parece que levan razón, ¿ou non? Cando un chega a adulto séntese forzado a organizar a súa vida dun xeito independente, o que non se consigue se falta onde poder traballar. “Primum vivere et deinde philosophare”, dí unha máxima filosófica; o primeiro na vida consiste en ter as necesidades primarias cubertas. Pero non todo debería valer. Os postos de traballo han de reunir condicións legales e de xustiza. Formamos parte de unha comunidade organizada, con poder para gobernarse e nas eleccións, os gobernantes adquiren a obriga contratual de cumprir o que prometen, do contrario quedan deslixitimados para gobernar.
Este ano cúmprese o cincuenta aniversario de un acontecemento que fixo historia. O discurso de Luther King en New York marcou socialmente a sociedade americana coa denuncia da escravitude que padecían os negros, tratados coma animais sin que ninguén se escandalizara. Pero a forza do discurso de este profeta estremeceu de tal maneira á sociedade que obrou o milagre do cambio.
As sociedades trasfórmanse cando existen persoas capaces, convencidas e dispostas a facelas cambiar. King non se limitou a denunciar a discriminación dos negros, feito polo que é coñecido no mundo enteiro, senón que tamén puxo de manifesto outas inxustizas sociais sangrantes da clasista sociedade americana.
Actualmente en Europa, os paises do mediterráneo necesitan coma o pan voces con autoridade que denuncien con firmeza a dictadura alemana baseada no euro. A Unión Europea nin é europea nin é tal unión para unha boa parte dos cidadáns que tamén agora son tratados dun xeito semellante a aqueles negros de EEUU que motivaron o histórico discurso de King.

 

Luther King

Te puede interesar