Leo isto de que o alcalde de Ferrol volve convocar un pleno sin ter garantidos os votos da oposición, aló menos dalgunha dela, para que prospere a súa proposta sobre a taxa de saneamento. E mesmo no mesmo lugar ós compoñentes da Plataforma pola Defensa da Remunicipalización, que xa adiantan que non van tolerar tal e que lembran ó rexidor aquelo que tanto dixo de facer tal pero que, é evidente, tal non é posible ou, mellor dito, tal é máis difícil do que se pensaba. Nunha economía de mercado coma a nosa xa se sabe que quen gaña é o de sempre. Así que non lle escatimo gañas ó sr. Suárez, pero non fago outro tanto no senso de non ter en conta ós demais, aínda que sempre dixo que acataría a vontade dos veciños. Non sei, dame a sensación de que o alcalde segue a mirar para outro lado.