A LUPA

Un maravilloso paseo por un entorno que merece ser disfrutado. Tanto a flora como a riqueza micolóxica sorpredeunos gratamente. ¡Volveremos!”. Os comentarios realizounos días atrais o colectivo micolóxico coruñés tras a súa visita por unha das sendas cara ao corazón da fraga dos Casás.Entre o seu diverso instrumental destacaba unha lupa. Gracias a ela puideronse visualizar microespecies que normalmente pasan desapercibidas nas beiras da ruta.Entre elas Trochila ilicina, que medra na cara superior das follas secas e caídas do acibro, ou chlorosplenium aeruginascens, que lle da á madeira que coloniza unha profunda e viva cor azul turquesa. Xunto á diversidade arbórea máis os restos de uso antropolóxico como as foias do carbón ou as covas dos ourizos, apreciouse un oculto, desconocido e fascinante novo universo. Algúns políticos que non ven nada ó borde dos camiños tamén precisan desta lente.   

A LUPA

Te puede interesar