Separastismo

Coido que a cuestión do separatismo préstase a moi diferentes interpretacións e intencións. É normal que un pobo que se sinte marxinado e prexudicado por un Estado, queira a súa independencia. E sendo así, o prexudicado debería expoñer as súas queixas ben fundamentadas, antes de se enguedellar nunha aventura de resultados incertos. Porén tamén pode ocorrer que, unha parte dese pobo queira a independencia, para tapar as súas falcatruadas ou, para acadar maior protagonismo e beneficiarse de prebendas que só pode obter nun Estado independente, sen considerar que o resto dos cidadáns poda saír malparados. Nestes tempos, non parece que no contexto internacional, o separatismo poda ser unha opción útil para a xente do común, o que non quere dicir que aqueles que se sintan prexudicados non podan reclamar con toda firmeza os seus dereitos, malia as “leis mordaza” que lles queiran impoñer. Mais, como compaxinar os dereitos dos do “si” es os do “non”? Difícil, non si?
 

Separastismo

Te puede interesar