Plan de evacuación

|

Anda o noso alcalde presentando o seu terceiro plan de barrios cando realmente o necesario en moitas zonas da cidade é un plan de evacuación. Entendo que é unha situación que se leva soportando dende fai xa moitos anos e polo tanto pode parecer inxusto o meu comentario. É certo, pero non o é menos a frivolidade demostrada polo equipo de goberno que se esforza en presentarnos como excepcionais e extraordinarias actuacións que deben entenderse como as normais de mantemento nunha cidade. Moito esperábase dun goberno en maioría absoluta, o primeiro na historia de Ferrol. Situación ademais en mans do PP, grandes xestores. A crise, a falta de recursos foi a primeira xustificación para a pronta decepción. Pero o certo é que presumen de remanentes en tesouraría e malgastan importantes sumas en actuacións cuestionables dende calquera parámetro posible mentres nos caen barrios enteiros baixo una chuvia de cascotes.

 

Plan de evacuación