Xantar de feira

Veño estes días da darme o gustazo de percorrer algunha das numerosas feiras, todas elas aromatizadas por sabrosos pratos que atestiguan tanto o noso coma o de fóra e non poido deixar de pensar que tal vez esto de enche-la barriga tamén lle pase factura non só ós que aínda temos a posibilidade de, como dicían na mili, comer de todo, senón a aqueles que, por diversos motivos, non poden ter tal posibilidade. Penso que iso debe dar aínda máis fame tendo en conta tanta vianda distinta e rica e –engado– tal debe ser, por exemplo, semellante no caso da política. Hai tanto onde elixir e tal é a variedade das preparacións dos distintos condimentos que ás veces parece imposible decidirse por un deles. Incluso para os que temos o gustos máis xenerosos e o estómago máis forte que unha pedra, sen que o afecte nin o picante nin o sal, non faltan melindres á hora de decidir tanto o que comemos como a cantidade e os ingredientes que máis nos satisfacen. Comemos pois de todo en abundancia, por non dicir que pasámolo pola gorxa sen masticar. Lástima que, ás veces, repita.

Xantar de feira

Te puede interesar