IMAXINAR DEMOCRACIA

|

Imaxinar o aumento do salarío mínimo un 28% ate 751 euros, (en Galicia 648); a recuperación da paga do Nadal, aquí aínda adebedada nunha parte; o bloqueo das privatizacións, cando aquí están en licitación dende a alta tecnoloxía sanitaria aos parques de bombeiros comarcais, pasando polos aeroportos; a readmisión de traballadoras e traballadores públicos despedidos de xeito irregular, nun tempo en que a Xunta segue a destruír emprego público nos servizos de emerxencias, a sanidade ou o ensino e mantén a lei de ferro 1/2012; a recuperación do acceso universal e gratuíto á atención hospitalaria e aos medicamentos, cando neste país morren doentes de hepatite C por non pagar a Xunta os tratamentos, hai repagos e persoas sen cobertura sanitaria… imaxinar un país distinto onde no canto do austericidio para nós e os beneficios milmillonarios para banqueiros e grandes empresarios,  haxa un goberno que aprobe plans humanitarios, mellore as condicións de vida da xente traballadora e cumpra o prometido; imaxinar  a democracia, o goberno do pobo.

 

IMAXINAR DEMOCRACIA