PARTÍO

Averdade, a verdade da boa (hainas malas ou malísimas) é que o meu clube é o Racing. Xa saben, un poderá mudar de parella, de traballo, mesmo de opción política, mais os ben nacidos xamais torceremos por outro equipo que por aquel que nos veu dado de familia ou polo que optamos de cativiños.

Dito isto quero sinalar que as miñas segundas opcións, Deportivo á parte (sempre e cando non estea na mesmo división que o Racing, cousa pouco probable hoxe e nos anos vindeiros), son o Atlético de Madrid e o Athletic de Bilbao.

O primeiro porque representa esa vaga intensa, ese cheiriño a almiscle proletario que paira no extrarradio madrileño. Tamén pola súa épica de “pupas” da que é mostra pefecta aquela Copa de Europa perdida no derradeiro segundo contra o Bayern. O segundo porque Ferrol ten –xa tivo máis– unha “Bilbo Connection” con mariños bascos que alí ficaran, con bares con nomes euskaras, “Toki Alai”, “Gazte Leku”, e –finalmente– con moitos xogadores no Racing desa procedencia. O máis grande o mítico Guillermo Gorostiza, “Bala Roja”.

De maneira que, visto o visto, a noite do nove, final da Europa League, vou ter o corazón tan “partío” como na canción de Alejandro Sanz. O que ten unha vantaxe, sempre vou gañar. E a súa contrapartida: esa noite de todas, todas perderei con quen perda. Eis o meu problema. Ora, xa saben, “non se pillan troitas coas bragas enxoitas”. O que ten. O que ten amar o fútbol por riba de moitas cousas. Si

PARTÍO

Te puede interesar