Novembro 2020

Xa estamos en novembro e as curvas do malfadado Coronavirus seguen in crescendo de xeito acelerado, ninguén sabe ata cando. Eu penso, así o quero pensar, que pronto vai remitir a pesares deses grupos de exaltados, incontrolados, que, aproveitándose da Pandemia están a remexelo todo en defensa de non se sabe que reivindicacións. Non son os gobernos, nin os políticos nin, por certo, as autoridades sanitarias os culpables do que estamos a vivir. Eu parto da base de que todos eles fan o que poden e o que saben que, desgraciadamente, é ben pouco. Así que menos botarlle tódalas culpas a Sánchez, Iglesias e compañía que, ben lles chega con as que verdadeiramente teñen. ¡Colaboremos todos por un Nadal libre de Coronavirus!

En outro orden de cousas, esta semana estanse a celebrar eleccións xerais en USA. Non me decanto, non me interesa, por ningún dos candidatos. O Sr Trump, polo que se oe, polo que se escribe e polo que se ve, non ten moi boa imaxe pero tampouco ao seu opoñente Mr Joe Biden o vexo como para botar foguetes. Xa veremos o que sae das urnas, non vaia ser que se cumpra aquelo que di, outro virá que bon te fará. Se tivera que dar a miña opinión, diría que ambos candidatos semellan demasiado vellos para gobernar o país, disque máis adiantado do mundo. Mellor acaería xente máis nova que, en principio, ten menos prexuízos e ataduras. O que sexa soará esta mesma semana, en calquera caso, que Deus nos colla confesados.

O terceiro gran tema de hoxe, son as acusacións en contra do rei emérito. Aquí si que pode aplicarse o refrán castelán que di que da árbore caída todo o mundo fai leña. Cada día un delito, unha acusación nova facéndoo pasar en pouco tempo de heroe a vilán. Eu quero pensar que de todo o que se está a dicir, a metade da metade. E aínda máis, estou seguro de que todo o que agora se lle apón, sabíase cando estaba a ocorrer. Calar entón as súas faltas creou moitos culpables subsidiarios que, en moitos casos, aproveitáronse das circunstancias para amasar, a súa sombra, grandes fortunas. Eu, a pesares de todo o que se oe e se escribe agora quero botar, dende estas liñas, “un cuarto a espadas” a prol de Don Juan Carlos de Borbón e Borbón, rei de España que, dalgún xeito, mantivo o país unido durante corenta anos.

Novembro 2020

Te puede interesar