Madurez

Seica a madurez é unha das mellores etapas da vida, tanto para as persoas como para os animais e as plantas. Nembargante, non sempre chega a madurez no momento preciso e ademais, hai quen non madura nunca, por diversas circunstancias. A cotío vemos casos claros de falta de madurez, algúns moi desculpables e outros non tanto. Hai, por exemplo, falta de madurez, desculpable, na actitude dunha deputada novata, exhibindo a súa acreditación, de xeito inoportuno; hai falta de madurez, menos desculpable, nunha organización política, incapaz de solucionar con rapidez e eficacia, un problema orixinado por unha “rapazada”; e hai unha falta de madurez intolerable, no emprego “infantil” desa anécdota, por parte de todo un Presidente dun Goberno Democrático do século XXI.  Non sei se haberá andazo de estupidez neste país ou se, de verdade, nos falta moito que madurar. Non é raro que en Europa non nos fagan moito caso, vista a inmadurez dos nosos representantes. Mágoa, non si?   

Madurez

Te puede interesar