Patriotas

|

Ás portas dunha folga do ensino e recentemente celebradas na nosa cidade unhas xornadas sobre sanidade pública non quero deixar pasar a oportunidade de sinalar un par de cuestións sobre as que existe, intencionadamente, moita desinformación. En primeiro lugar resaltar que lonxe de ter uns servizos públicos caros e malos o noso Estado é dos que menos diñeiro dedica na contorna a estes aspectos. Faise ademais, pese a evidentes erros, cun grado de eficacia que permiten que, por exemplo, o noso sistema sanitario sexa tomado como referencia en moitos lugares. O segundo mito a desterrar é o que rodea á xestión privada, ineficaz en países que optaron por ela fai xa tempo e que provocaron un enorme desequilibrio social. Son ademais, en gran medida, empresas privadas as que xeraron esa débeda que agora nos vemos obrigados a soportar. Patriotas que venden ou que conforma o noso Estado por dous duros… ou euros.

 

Patriotas