MORTOS E “VIVILLOS”

|

Nestes días, parte do mundo está a conmemorar o septuaxésimo aniversario da toma do campo de concentración de Auschwitz por parte do exército soviético. Isto é o que sempre escoitei e lin aquí e acolá. Curiosamente, os polacos non convidaron a Vladimir Putin ós actos conmemorativos, cando foron os rusos os que máis mortos aportaron para derrotar o nazismo. A razón da exclusión está nas declaracións de interesada ignorancia feitas polo ministro de Exteriores polaco: os libertadores foi chamada Primeira Fronte Ucrania, que de tal só tiña o nome, composta por soldados de diferentes nacionalidades da URSS. Mal que lles pese os rusos contribuíron decisivamente ó cese do exterminio nazi, que deu pé ó uso da palabra xenocidio (gr. γ –νος, estirpe, e lat. –cidĭo, matar). Ten que ver con homicidio, suicidio, magnicidio... Por esa vía, cousa lexítima, invéntase austericidio, que viría ser algo así como matar o austero ou a austeridade. Mais, entendo que o que queren dicir os usuarios do neoloxismo é que as políticas de austeridade poden, como así está sendo, chegar a matar.

 

MORTOS E “VIVILLOS”