O galego como identidade

|

nha boa parte da miña vida a penas falaba galego, e moito menos escribíao. Aínda que no primeiro caso non pasa tanto por meter gazapos e zocos unha e outra vez, anon acontece o mesmo á hora de escribilo. Gostaríame facelo ben, mais sei que non é así. E o digo porque sei dalgún que xa me ten posto a parir, e mesmo desprezar, polo “farrapo” que fago del. Mais, se o fago é porque unha vez un bo amigo díxome que o caso era facelo, aínda que fora algo –ou moito–, como é o meu caso, mal. Se o idioma forma parte da identidade dun pobo, digo eu que o mesmo fará coa identidade do individuo que o emprega. Deille a razón, e será cuestión de tempo que teña menos fallas –ou non– pero escribo como falo –tamén mal– e como o facía co umeu pai, que Deus o teña na súa gloria. Queda dito.

O galego como identidade