Cebra

hámanse así os pasos dos peóns, polas raias que sinalan esa zona. Coido que foron feitas como salvagarda das persoas que atravesan a rúa, mais malfadadamente, non sempre cumpren o seu cometido, por mor da falta de atención, quer dos condutores, quer dos propios peóns. No caso destes últimos, hainos de todas clases: os maiores, coa súa mingua de reflexos; os cativos, coa súa imprudencia; os fanáticos dos teléfonos móbiles, concentrados nos seus aparellos; e os decididos, porque “están no seu dereito”. O xeito máis seguro para cruzar é, agardar a que os autos se deteñan e, non sendo un caso de mobilidade reducida, pasar sen demasiada lentitude, porque tamén hai mozos que pasan con toda parsimonia, en claro contraste coa súa indumentaria deportiva. Xa que logo, teñan coidado aí fora e moita prudencia por parte de todos, porque o paso cebra non é un seguro de vida. E non estaría de máis un aceno de agradecemento cara ao condutor amable. Ou sería moito pedir?         

Cebra

Te puede interesar