Suecia

Os traballadores  do concello de Gotemburgo van ser os protagonistas dun experimento laboral que abre as portas a unha transformación revolucionaria: a xornada de seis horas diarias, cinco días á semana mantendo o mesmo salario. Con esta experiencia, con antecedentes nunha fábrica de automóbiles e a avaliación  positiva dos empresarios, os líderes políticos e sindicais entenden que os traballadores se atoparán en mellores condicións físicas e de saúde o que provocará un menor absentismo laboral e permitirá a creación de novos postos de traballo.
Velaí pois, aquela reivindicación de “traballar menos horas para que traballen todos” confrontada ao neoliberalismo rampante nestas latitudes que está provocando un desemprego masivo e “socializando a miseria”.
Mágoa que esta cuestión pase desapercibida nesta campaña electoral, triste, asfixiada entre a propaganda, a demagoxia e as consignas baleiras de contido.

 

Suecia

Te puede interesar