Todos os mortos

on penso mal de ninguén e, incluso, tampouco da xente contraria contraria a mín. Porque, miren vostedes, unha democracia é aquela na que caben todas as ideas –aínda que lles pese a algúns–, busca o ben común, defende a liberdade e traballa polo interés dos cidadáns. Pero si teño algo que dicir sobre aqueles que teiman por enterrar unha parte da nosa historia e argumentan que aos mortos mellor non tocalos. 
Falan estas voces de que aos mortos da Guerra Civil, mellor, xa o dixen, no tocalos, que é tanto como dicir que o mellor é que non se fale deles. Debe de ser por iso que a xuventude de hoxe en día non ten nin paxoleira idea de quen foi Franco nin, moito menos, do levantamento militar e a dictadura que liderou, nin dos mortos que deixou, sen xuizo nin motivo xustificable na meirande parte das veces, non só abandonados senón tamén olvidados. Os que se opoñen á Lei da Memoria Histórica non queren recoñecer que os mortos dos vencedores foron recordados perante cáseque 40 anos, mentres que os dos vencidos foron parar ás cunetas, sen nome nin lápida que os recordaran salvo os seus deudos. Así que vexo máis que xustificado que haxa xente que queira buscalos e darlles digna sepultura porque aos outros, os que gañaron, os que perante tantas décadas exaltaron aos seus defuntos como heroes, vítimas e mesmo santos, arrepiaron ao mesmo tempo contra os mortos alleos, aos que afundiron, xa o dixen, no olvido. Máis doado sería asumir que os mortos, en realidade, foron de todos, porque quen hoxe os está a buscar, ou non –ao meu avó paseárono en Ferrol e pese ao que se lle dixo á súa familia de que o soterraran en Canido, parece que non foi así–, porque o feito de buscalos tamén é un dereito democrático, de liberdade, de dignidade. Así que non é cuestión de comparar, senón de reparar o que non se fixo antes, como tamén habería que facelo se tivera pasado ao revés e fora a República a que gañara e non os fascistas. Porque así, hai que recordalo, se autonomearon e se impuñeron. A Guerra, é certo, xa pasou, pero non é cuestión de olvidala. Xa que ninguén lle pide, nin pedirá, contas a ninguén, aló menos é necesario por a cada morto no seu lugar, en igualdade de condicións, e o mesmo rixe para Franco.

Todos os mortos

Te puede interesar