Lomce

A educación pública deféndese este 24 de outubro coa fogla xeral educativa.  Eiquí o conselleiro da wertgoña chámase  Jesús Vázquez, delegado territorial da educación para o sexismo, a  relixión e o inglés. A Lomce  rompe, divide a educación en dúas. Sobre unha base de menos profesorado e medios ( 5.212 millóns de euros menos en educación dende a chegada do PP ao goberno, case 30.000 profesores menos neste  curso, menos becas…), se aposta por segregar centros de excelencia para uns privilexiados e centros descoidados para os demais; reválidas e itinerarios segregadores para porllo difícil ás nenas e nenos con máis dificultades socioeconómicas, control por empresas externas do que hai que ensinar e aprender, cero participación das Anpas e consellos;  e todo bendecido pola relixión e cunha asignatura para que nos fagamos empresarios. E concertos, moitos concertos. O dereito a un ensino público, universal, gratuíto e laico dos nosos fillos e fillas se defende loitando.

 

Lomce

Te puede interesar