MOITO QUEDA POR ARAR

Os actos institucionais máis relevantes –fican aínda por celebrar os de carácter máis locais, familiares ou íntimos– para honrar a figura do defunto expresidente sudafricano Nelson Mandela que xa tiveron lugar deron –e seguirían dando se a nosa memoria non fose cada vez máis fráxil– pé a comentarios do máis curioso, singular ou pintoresco. Nestes días próximo pasados puidemos ler ou escoitar noticias acerca da peculiar despedida dos pobos de Sudáfrica ós mortos: cantos, bailes... Para a nosa cultura pode resultar un tanto chocante, mais non ter porque selo máis que o que lle pode chamar a atención a un zulú a nosa, esa que tan ben reflite a peza maxistral de Francisco Taxes “O velorio”. Moitas das informacións viñan dar nun aquel de primitivismo, visto desde a superioridade branca. Moito loar o Mandiba pola súa loita contra o racismo ó tempo que as expresións culturais africanas se nos seguen vendendo como se fosen montaxes dos coros e danzas da falanxista e franquista sección feminina.

MOITO QUEDA POR ARAR

Te puede interesar