Algo máis que Sestayo

|

Teño por norma non lle faltar ó respecto a ninguén e, tamén, á miña idade, xa non dar consellos senón sinxelas opinións, que poden ser tidas en conta o non. Mais, como di o dito, mellor é previr que ter que curar, e por isa mesma razón no prexuzgo senón que tento entender e tolerar. Mais non me podo substraer á facilidade coa que a esquerda arremete contra todo político de dereitas que muda o cargo político por outro de xestión, mesmo política, arrepiando contra el dicindo que “fuxe”. E digo isto porque, ata o momento, non vexo comentario algún sobre o feito de que a socialista Beatriz Sestayo pase a ocupar un posto de máxima responsabilidade na sociedade Solo Industrial de Galicia, en mans do propio Estado e da propia Autonomía, aínda que ben se pode argumentar que xa dixera ela que non tiña pensado presentarse máis ás eleccións municipais. Non poido asegurar que este feito teña que ver cun intento de atopar, ou buscar, “destino” acomodado, mais isa idea non se me vai da cabeza.

Algo máis que Sestayo