Grándola, vila morena!

|

pós de 42 anos fican, para sempre, na nosa memoria, os cravos na boca do fusil. E a ollada paralizada nas pantallas en branco e negro ( así era a ditadura. Un branco e negro tinguido de medo) daquel abril que nos fixo soñar que se podía vivir en liberdade.
E a pesar do desalento. Da frustración de non sermos quen de estar onde soñábamos após de tantos anos de loita. E alén do sentimento de derrota... Seguimos, Grândola, na procura de que “o povo sexa quen máis ordena”. Xa ves, a pesar de todo... A pesar de Le Pen , do neofascismo galopando sen control nesta Europa afogada na rotina dos euroburócratas. Da corrupción. Dos recortes. Do desmantelamento do estado do ben estar. Seguimos, Grândola, na procura da Terra da fraternidade. Da igualdade reflectida no sorriso no rostro do outro. 
 Porque, “a túa vontade jurei ter por companheira”. Sempre.
 

Grándola, vila morena!