Vendedores

|

A quela afirmación de que “o bo pano na arca se vende”, hoxe xa non ten valor; por iso, o bo vendedor saca a relucir os seus artigos, ofrecendo aos posibles compradores as súas excelencias. Nos medios políticos ocorre exactamente o mesmo: cada partido ten algún “vendedor” que ofrece á cidadanía as súas marabillas. No caso do PP, parece que non teñen moito que ofrecer, pois a “mercadoría” ofrecida soe ser sempre a mesma: a estabilidade.  Mais resulta que non hai maior estabilidade que a de algo que non se move. Xa que logo, compre preguntarse cal son as vantaxes da estabilidade, para un parado sen esperanza, para unha empresa sen traballo, para unha cidade sen xente, para un comercio sen ter a quen lle vender a súas existencias ou para aqueles que, a diferenza do señor Feijóo non teñen nin sequera esperanza de futuro. Se cadra, esta propaganda vai dirixida aos que gozan de boa posición económica ou, aos que temen perder as súas prebendas. Vaia cara que teñen, non é?   

Vendedores