Quen gaña é o socialismo

|

Non por en tela se xuizo á secretaria xeral dos socialistas ferroláns, pero si permitirme a posibilidade de facer unha pequena reflexión. E é que, dende un tempo a esta parte, o socialismo, e non só aquí senón en xeral, mesmo como resumo do existente a nivel de todo o país, amosa unha fonda desorientación da que só sairá, penso, unha vez comprenda que os vellos parámetros sobre os que foi refundado xa por Felipe González xa no abondan. A sociedade ten cambiado moito desde aquela, pero o maior erro que cometeu o PSOE en todos estes anos foi o de a falta de autocrítica. Algo esto último que está no fondo da súa actual crise, consecuencia tamén da súa desconexión cunha grande parte da sociedade. A día de hoxe, como tamén pasa en Ferrol, non é capaz de conectar con esta afastando de si mesmo as diferenzas e procurando un proxecto común, no que non haxa interpretacións antagonistas, pero sobre todo no que retome a senda da socialdemocracia que hai tempo que perdeu.

Quen gaña é o socialismo