Galicia ao día

caba o ano e, como adoita acontecer, comezan a chegar os anuncios de substanciais subidas en case que todo, agás nos salarios, principalmente os dos sectores máis desfavorecidos. Velaí o 0,5% nas pensións, cando acabamos de saber que o goberno do PP volveu meter a man na caixa das mesmas e non, madia leva, para ingresar. Outra vez a sacar e van... Din que xa non hai crise. Que marabilla! Aliviados nos deixan, don Mariano. Haberá que lles dar os parabéns, non é? E gardarlles, ben gardadiños, os votos para as próximas. Porque isto da suba do 3.91% -case á par do da suba dos funcionarios, non?- nas peaxes da autoestrada do Atlántico está máis que xustificado como xa explicou don Íñigo, o ministro do ramo e ratificou don Alberto Nüñez, aclarando que son cousas dos gobernos centrais. Serano, mais os principais “paganos”, como sempre, imos ser nós e o señor presidente sen dicir unha palabra máis alta que outra. Un timo sempre é un timo, pero podería enmascararse para que parecese menor. Aquí nadiña de nada. Cantos anos hai que a autoestrada non ve asfalto nin pintura? E cantos postos de traballo se reduciron?
 

Galicia ao día

Te puede interesar