Decepcionados

|

Seica o actual panorama político ten decepcionados a moitos cidadáns, polas liortas entre partidos e, mesmo entre os membros dunha misma formación. E nembargante, segundo conta a Historia, esta situación non é nova en España, pois xa en tempos republicanos vivíanse problemas semellantes. De calquera xeito, parece que se están a esaxerar un pouco as culpas dos políticos, pois todos eles débense ante todo aos seus militantes e aos seus “patrocinadores” e, xa que logo, serán estes en primeiro lugar, os responsables das conductas dos seus representantes. Certo que, algúns deixan moito que desexar, mesmo desde o punto de vista da máis elemental educación. Mais coas súas virtudes e os seus defectos, están ahí pola culpa dos que os votaron, dos que non foron votar ou dos que poderían elexir mellor representante. É dicir que todos somos un pouco culpables desta desfeita. Porque aínda que se diga que non hai moito onde escoller, a realidade é que non son todos iguais. Ou si?

Decepcionados