ANEXO

|

Eís o substantivo que se pousou nas nosas sobremesas e cafés: anexo. E procurei explicacións do porque somos, seica, merecentes de un anexo. Batínco dicionario de Estraviz.Folleeino, con debecida ansiedade, e  achei a resposta: Anexo: s.m. dependencia, aquilo que está ligado como accesorio. Entendín, pois, por que Galiza non aparecía no documento de Podemos nin no do acordo PSOE-Ciudadanos. Somos un anexo. Algo accesorio, prescindíbel... Fiquen felices os deputados coas súas explicacións. Porén, entendan que a súa obriga é situar a Galiza e aos seus cidadáns no centro do debate político coas alternativas aos seus problemas específicos. Ese é non outro foi o seu compromiso.
E a saraiva queimou os abrochos. E, a pesar de todo, a merla, a pega e demais veciños preparan, con teimosía, os fogares para as criaturas que asomarán, entre rechouchíos, na primavera que se anuncia nas ribeiras do souto.

ANEXO