Incógnita

Non hai moitos días que o señor Benoît Cœur, membro do Comité Executivo do Banco Central Europeo reprochoulle a España a súa parálise institucional de case un ano, lembrando que o 15 de outubro finaliza o prazo para presentarlle a Bruxellas o orzamento para 2017. De volta de Bratislava, o señor de Guindos e o goberno en funcións aproveitaron para seguir predicando que estamos perdendo puntos e que a culpa non é do seu PP. Que é dos demais. As mencións de monsieur Cœur ían pola economía. Mais tamén coa economía, e non con calquera outra cousa, teñen que ver recentes acontecementos tan escandolosos e bochornosos como o da selección do señor Soria para ser director executivo do Banco Mundial ou a negativa da señora Barbera a dimitir de senadora. Chámame sempre a atención, cando se nos informa de chamadas europeas ao cumprimento das regras, que nunca haxa ningunha referida a operacións de alta enxeñaría financeira -en beneficio propio, dun partido ou de quen for- desas tan comúns entre nós. Estarán de acordo con elas?
 

Incógnita

Te puede interesar