Un mundo tolo

Dous feitos relevantes están de actualidade no noso país. Ningún dos dous fala moi ben da condición humana, neste mundo cada vez máis tolo.
O primeiro deles e a loucura deses dirixentes cataláns do Governt por acadar a independencia. o que eles chaman procés, que mellor sería chamar desfeta en catalán, verba moi parecida a nosa desfeita galega. ¿Como é posible que por riba da Constitución, catro fanáticos descerebrados poidan argallar o que argallaron Puigdemont e os seus comparsas compañeiros de viaxe?. ¿Son realmente conscientes estes homes dos estragos, do cisma, que están a provocar na que foi outrora unha das autonomías mais ricas e sobranceiras de España? ¿Teñen unha idea clara das perdas económicas que leva costado o seu desvarío e dos anos que tardarán en recuperarse? ¿Saben de verdade a onde se dirixen, ata onde queren chegar? ¿Están preparados para elo?. Teño para min que algunhas das súas manifestacións e mesmo dos seus feitos semellan cousa de nenos. O que si está moi claro é que o mal xa está feito e que, pase o que pase o dia 21 de decembro levará anos recuperar a normalidade e isto sempre que o Goberno do país sexa quen de endereitar a situación, algo nada doado tal como está a cousa.
En outro orden de cousas temos a gran fazaña dos cinco salvaxes auto nomeados La Manada, xa o mesmo nome produce rexeitamento. Eu non podo comprender nin aturar que a inocencia ou culpabilidade destes cinco fillos da súa nai radique en que si as relacións foron ou non foron consentidas. Os feitos están ben claros cinco homes feitos e dereitos, cinco energúmenos convictos e confesos, seguramente cheos de viño e outras cousas que non é difícil imaxinar, violan, que esa e a palabra exacta, repetidamente e de xeito ignominioso a unha rapaza de dezaoito anos facendo burlas e por riba fotografías co gallo de presumir da súa fazaña. Estes son os feitos reais que ten que xulgar o xuíz e castigar a xustiza de xeito exemplar. Ao meu xuízo si a cousa foi ou non foi consentida é completamente irrelevante e si me apurades moito, en caso afirmativo, aínda pode ser unha circunstancia agravante pois é moi posible que, por algunha razón, a rapaza non fora nese intre consciente dos seus actos.
En ámbolos dous casos os xuíces, a Xustiza, teñen a palabra. Que non esquezan no seu veredicto o aforismo que di: Lex sed dura lex.

Un mundo tolo

Te puede interesar