XESTIONAR

|

Sica o presidente galego menosprezou a outros dirixentes políticos, porque “nunca xestionaron un só euro público”. Coido que o sr. Feijóo non andou moi acertado nese intento de descualificar aos seus opositores, dando a entender que non saberían gobernar, porque, aínda que un importante sector dos seus seguidores puidesen estar de acordo con esa idea, tamén podería ser que moitos posibles votantes entenderan ese feito como unha garantía de honradez e pensarían: “Se non xestionaron un euro, quer dicir que aínda non roubaron. Moitos dos que xestionaron moreas de cartos, só miraron polo seu papo. Xa que logo, postos a escoller, cos novos temos unha posibilidade de que non nos rouben”. De calquera xeito, coñecendo as habilidades políticas do “Presi”, seguro que xa contaba con ese inconveniente e calculou que pagaba a pena atacar dese xeito. El ben sabe que a xente ten mala memoria, e chegadas as votacións, darán por boas as súas palabras. Xa se verá, non si?  

XESTIONAR