Un home de mil pezas

Paréceme excelente e moi acertada a escolla destas palabras, que fixo Vicente Araguas, para acompañar o nome de Manuel María, no título do libro que sobre o poeta chairego publicou hai uns meses: Manuel María: un home de mil pezas. Acertada e excelente tamén me semella o seu xeito de presentarnos o Manuel a través tanto de episodios que viviu na súa compaña como de aspectos que entende salientables da súa vasta obra. Nesa poderosa prosa lírica que o caracteriza, Araguas ofrécenos algo ben diferente dunha desas biografías tan ao uso neste tipo de homenaxes a escritores. Non quixo facer iso nin, menos aínda, unha haxiografía, nin, tampouco, unha canonización. O que fai é achegarnos a persoa e o personaxe. Así, un dos aspectos que destaca do poeta é a fermosura da súa voz. Quen lea esta obra vai atopar un personaxe atractivo do que é posible que queira saber máis. Os lectores e lectoras xa familiarizados co autor van descubrir, sen dúbida, facetas descoñecidas ou novos puntos de vista que, como non, van enriquecer a visión que xa tiñan. É un libro de amor.
 

Un home de mil pezas

Te puede interesar