DEBILIDADES ESTRUTURAIS

Ao longo destes anos as repúblicas sudamericanas celebran a independencia do Reino. Algunhas realizarán pomposos desfiles militares cantando himnos patrióticos nos cales celebran as vitorias, o sangre e disparos contra os españois e outras acompasarán as marchas con expropiacións, nacionalizacións ou estatalizacións de grandes multinacionais sediadas na capital castelá.

É unha maneira como calquera outra de exaltar o patriotismo independentista, case das mesmas formas que hai uns douscentos anos, lanzando as tropas crioulas á toma dos cuarteis españois, neste caso, as avanzadas están gardadas soldados uniformados de traxe e camisa, moito menos intimidatorios que as espingardas de avancarga.

Como hai douscentos anos, o Goberno do Reino anda perdido na defensa da súa independencia das forzas europeas, que non pode detraer esforzos da súa loita contra os interventores, que esta vez non veñen de París senón de Berlín ou de ambas capitais continentais.

O turbulento século XIX do Reino foi un obstáculo para que as relacións entre a metrópole e os crioulos emancipadores non fraguase unhas relacións estables coas antigas colonias americanas. Menos mal que os galaicos tomaron cartas no asunto e conservaron a perla do caribe uns anos máis e, tras perdela, tiveron que volver a reconquistala vinte anos despois, e alí seguen, incluso no Goberno, aínda que sexa de forma hereditaria.

Non serei eu quen defenda ás multinacionais españolas, que terán comisionistas e avogados que encontren negocios onde outros encontren calamidades. Tampouco sei se é certo o argumento non que se basean as expropiacións de YPF ou REE de que non investían o necesario e pactado no país nacionalizador, pero coñecendo aos directivos non me estrañaría nada. Algo parecido temos aquí en Galicia, as grandes multinacionais aproveitan os recursos galaicos, incluído o vento, pero de deixar algo aquí ni por asomo. Por exemplo, temos unha refinería de petróleo a poucos quilómetros formando parte da paisaxe coruñesa, pero o carburante está máis caro que o comprado en Talavera.

Algunhas voces apuntan a que o Goberno do Reino está como ausente, porque cala ou as súas respostas non teñen contundencia nin eco nin resonancia na defensa dos intereses das empresas españolas perdidas polo altiplano andino. Claro que a escusa é que ten que ser dentro e desde a Unión Europea, algo que vén ser como deixalo en man do Deus Todopoderoso. As decisións desde Bruxelas van amodo, como na guerra balcánica que se agardou a que non quedase ningún para facer algo máis que armar aos exércitos combatentes.

Estas dúas expropiacións non son máis que o resultado da debilidade estrutural do Reino, que non solucionou nunca os seus problemas. Cando a economía falla, todo a maquinaria do Estado se resente de tal modo que até a máis pequena caída trae como resultado unha rotura de cadeira que provoca que a complexidade executiva non sexa quen de solucionar un simple cambio de lámpada de baixo consumo.

 

DEBILIDADES ESTRUTURAIS

Te puede interesar