A intelixencia do polbo

|

para ben, e tamén para mal que nisto vai implícita a metáfora dunha moeda que leva dúas diferentes e opostas imaxes, cara e cruz; unha moderna pantasma está a percorrer o mundo, especialmente o universo tecnolóxico e informático, é iso que entendemos por Intelixencia Artificial. Falamos da capacidade de aprendizaxe das máquinas a unha velocidade infinitamente máis rápida que a das persoas, un proceso que se ten bautizado como control neuronal episódico e inspirado no cerebro humano, camiño que leva a territorio descoñecido. Tempo para reparar na traxectoria evolutiva dunha especie animal moi querida entre a xente galega: O polbo.
Chegado a este parágrafo, o lector non debe perderse na fonética do nome pola súa significación castelá; no noso idioma chamado “po”, ese teimoso elemento do lixo doméstico. Aquí trátase, co rigor que vén ao caso, dese molusco de oito tentáculos, moitas extremidades de Deus á hora de realizar tarefas, da “familia dos octopódidos que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios”, sexa na súa versión de cabezudo ou do común. Un animal acuático de sangue azul que presenta unha característica singular no seu comportamento, capacidade de aprendizaxe e adaptación ou na súa arquitectura biolóxica.
Esta peza fundamental da cociña galega, sexa na variante tradicional de polbo á feira ou calquera outra maneira de gozar da súa preparación, ata o extremo de facer del o prato máis pular entre os nosos; na realidade da súa característica é un ser invertebrado dotado de tres corazóns que aniñan na cabeza para especializarse en diferentes tarefas. Porén, o que está a causar impresión no mundo científico é o xeito neuronal que combina unha estrutura central coa autonomía de cada tentáculo de xeito que cada un dos oito diferentes brazos pode estar a realizar unha función diferente. Asombrosa habilidade que está no cerne do futuro modelo de sistemas de procesamento da información baseados na física cuántica. Non é de estrañar a capacidade que os polbos teñen demostrado en procesos de investigación, especialmente coa súa destreza para a exploración do entorno, camuflaxe e memorización; coa desconfianza como virtude de prudencia.
Aínda que certo é que o polbo por intelixencia e habilidade é capaz de esmendrellar a outros animais moitísimo máis grandes, non representa problema ou ameza algunha para raza humana. Porén na evolución descoñecida da Intelixencia Artificial, para alén do servizo de localización por voz ou recoñecemento de faciana en redes sociais, si existe un potencial risco de futuro; algo que no ámbito da reflexión ética e técnica coñecemos pola incógnita da “caixa negra”. Mala cor. .

A intelixencia do polbo