Volta

Como hai tempo que deixei de crer no ciclismo (profesional), auténtica cova de Alí Babá ou Patio de Monipodio, supermercado da droga e mentira multicolor, o venres planteime diante do televisor para ver as panorámicas de Ferrol e bisbarra.

Quitando, iso si, o son, unha vez que comprobei as conachadas que Perico Delgado e seu colega, como se chama nin o sei nin me importa, dicían dos astaleiros, castelos e –mesmo– das pontes da ría.

Para concentrarme na fermosura visual que as cámaras, sobre todo as do helicóptero presentaban. Dando testemuña de que o feísmo urbanista galiciano aínda non acabou con nós e que aínda somos moi resultóns, por terra, mar e –como digo– aire.

O vencedor da etapa, un tal Cummings, de quen nada coñezo senon que se chama igual que un gran poeta americano.

Pareceume ver a Rey Varela dando un trofeo ao tal “Purito”. E aí, malia o podio, si que había un nivel semellante. Non como o outro día con Romay, que a cousa estaba desequilibrada. Verdadeiramente.

 

Volta

Te puede interesar