Que peniña!

Aumentaré los montos de jubilación / Ya no habrá problemas educacionales / Ya no habrá problemas habitacionales / Los alimentaré como si fueran chanchos / Señora, si usted quiere, besaré a sus niños / Yo le prometo más colegios y hospitales/ Sólo tiene que votar por mí /y yo seré su presidente / ...”. É máis que probable que aínda retumben nas súas cabezas frases como estas, mais nada teñen que ver coas recentes eleccións españolas. Teñen máis de 25 anos e están tomadas da letra dunha canción que interpretaba o grupo pop chileno Banda 69 aló polos finais dos anos 80, toda ben aderezada cos correspondentes ooo ooo. É o vello e arquicoñecido e máis que repetido nihil novum sub sole. Todo, ou case, está dito e feito, mais non por iso ultimamente estamos asistindo a un preocupante incremento do adanismo entendo que excesivo. Velaí a mise en scène dalgúns deputados na sesión inaugural do congreso. Actuaban. mesmamente, como se estivesen descubrindo a pólvora. Penoso.

Que peniña!

Te puede interesar