Expropiación masiva

O afundimento do banco Popular puxo en evidencia o talante especullativo co que se moven estas entidades e a falta absoluta de sensibilidade cara aos clientes que, a fin de contas , son os que sustentan a súa viavilidade. Son buítres que están á espreita de observar as debilidades da competencia para lanzarse sen reparo algún sobre a presa e devorala. Supoño que estas son as leis do que chamamos mercado.
Tíñamos en Galicia un banco, o Pastor que foi engulido polo Popular  e agora iste é devorado polo Santander nesta orxía na que se moven estes negocios e na que non se repara en nada. O curioso do caso é que hai poucos meses se nos vendía o Pupular coma un dos bancos más solventes non só de España senón de Europa. Os centos de miles de accionistas podían xa que logo estar tranquilos, pero a realidade érache ben distinta e pasou o que pasou: chega outro, merca por un euro a entidade e fai que as perdas as asuman os accionistas que se quedan sen nada. Unha manobra quizais legal dentro deste mundo especulativo no que se moven os bancos pero moralmente unha indecencia por canto os accionistas non recibiron información algunha de como estaban en realidade as cousas e de súpero moitos perdérono todo. Non é a primeira vez que isto acontece e por desgraza non será a última.
Recordo que cando xorde o descalabro das Caixas se argumentara que isto era debido a que nelas estaban políticos, sindicalistas e outras especies alleas ao negocio financeiro. Pois ben, agora estamos dinate da xestión dun banco privado, nun negocio no que nada ten que ver o mundo da política nin do sindicalismo. Todo débese á mala xestión dos responsables, dos directivos que, polo menos terían que responder dos seus erros monumentais. Non só non o fan  senón que, por exemplo, o xa expresidente do Popular Ángel Ron percibiu 1.500.000 euros pola xestión do 2016 e marcha para casa agora cunha pensión de 23 millóns de euros. Hay quen entenda isto? Logo falan da mala xestión da cousa pública. É curioso que mentres os accionistas quedan sen nada estes directivos vanse coas faldriqueiras cheas. Vergoñento.
As crises económicas, non nos engañemos, comezan por aí, polas malas praxes dos que manexan o diñeiro e moi poucos países foron quen de dicir non, xa basta! Un si, Islandia, que meteu no cárcere aos banqueiros corruptos. Pois por aí habería que comezar: porque os ladróns de luba branca asuman dunha vez por todas as súas responsabilidades.
Eu, que non teño diñeiro para invertir, non me sento afectado directamente por esta manobra especulativa, pero se o tivese, tal e como andan as cousas, o pensaría moito antes de metelo nun banco. Abofé.
 

Expropiación masiva

Te puede interesar